O concello ten en marcha obras de mellora no barrio de Flores e na rúa Carreira

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño ten actualmente en marcha varios proxectos de mellora viaria. Estas obras foron adxudicadas nos últimos meses, e estanse levando a cabo no transcurso da formación do novo goberno. Entre elas destaca unha nova fase de melloras no barrio de Flores, nas rúas Caravel e Loureiro e tamén na rúa Carreira.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A decisión de acometer está reforma e renovación vén dada, como se sinala, polo mal estado das redes de abastecemento e de alcantarillado nestas rúas. O actual alcalde en funcións, Francisco Fumega, falounos máis sobre este proxecto.

Tamén se está levando a cabo a construción dunha senda peonil na rúa Ourense, que pertence case na súa totalidade ó concello de Maside, ca colaboración da Xunta de Galicia. Nos vindeiros días tamén está previsto que comece a reforma pactada para esta rúa.