A Policía Local do Carballiño recibe un diploma que premia o seu esforzo e profesionalidade na atención ás vítimas de violencia de xénero

A Policía Local do Carballiño volve a demostrar que presta un servicio esencial á cidadanía. Pola súa profesionalidade na atención ás vítimas de violencia de xénero vén de recibir un diploma. O equipo carballiñés, incorporado ao Sistema Viogén, obtivo o Premio Campoamor á Igualdade de Oportunidades pola súa especial implicación na loita contra esta lacra social.

Os galardóns, que outorga o Concello de Ourense, recoñeceron nesta edición o labor das Forzas e Corpos de Seguridade da provincia, concretamente aos axentes da UFM (Unidade de Familia e Atención á Muller da Policía Nacional), EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Garda Civil, Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e ás Policías Locais incorporadas a Sistema Viogén.

AVANTAR ACTIVIDADES

Primeira da provincia en incorporarse ao programa Xespol

A Policía Local do Carballiño non só destaca pola atención que presta ás vítimas de violencia de xénero. É a primeira da provincia de Ourense en incorporarse ao programa Xespol que facilita o acceso ás bases de datos e tramitacións. A iniciativa, que promoveu o Concello a petición dos axentes, axiliza o seu traballo diario e os trámites informáticos en atestados, detencións ou consultas coa DGT.

Nas últimas semanas, e no marco deste programa, a Policía Local do Carballiño vén de incorporar no coche patrulla un portátil, impresora para poder consultar datos, padrón municipal ou para poder realizar atestados de tráfico, entre outros trámites.