Francisco Fumega, reelixido como alcalde do Carballiño: “Será un goberno de diálogo e colaboración para sacar adiante todos os nosos proxectos”

-O rexedor recibiu o bastón de mando como candidato da lista máis votada e aposta por “tender pontes” para que o concello poida seguir na mesma liña de progreso

-Na sesión tomaron posesión os 17 novos concelleiros da corporación municipal entre os anos 2023-2027

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño, 17 de xuño de 2023

Francisco Fumega foi reelixido esta mañá alcalde do Carballiño. No pleno de investidura recibiu o bastón de mando como candidato da lista más votada nas pasadas eleccións municipais. O rexedor presidirá unha corporación municipal na que tomaron posesión un total de 17 concelleiros electos.

Tras o acto protocolario de entrega de medallas e a votación, Francisco Fumega manifestou a súa intención de gobernar “dende o diálogo e a colaboración para sacar adiante todos os nosos proxectos”.

O salón de plenos encheuse na sesión de investidura e o alcalde recibiu o apoio de numerosos veciños e veciñas que se achegaron á Casa Consistorial para seguir o acto. A todos os asistentes dirixiuse Francisco Fumega para asegurar que “tenderá pontes” coa oposición coa fin de que o concello poida seguir na mesma liña de progreso.