O Psdeg-Psoe aspira a obter dous deputados no congreso pola provincia de Ourense

A agrupación comarcal do PSdeG-PSOE do Carballiño celebrou na noite de onte unha cea de confraternidade na que participaron as candidatas e os candidatos ao Congreso dos Deputados e ao Senado pola provincia de Ourense. No acto, ao que asistíu a deputada no Parlamento, Marina Ortega, tomaron a palabra o secretario local, Paco Fumega, ademais de Marga Martín e Rafael Villarino, números un ao Congreso e ao Senado.