O Carballiño acolle o sexto Encontro Literario Ourensán

Esta mañá, na Casa do Concello do Carballiño, tivo lugar a presentación do programa da 6º Edición do Encontro Literario de Ourense, que se celebrará este sábado no Auditorio Municipal Manuel María.

Lizzie Quintas explicounos a temática deste ano, centrado na novela histórica. Haberá catro mesas separadas e dous xogos literarios, como o anunciado hoxe do “pulpo caliente” e repetindo o xogo dos pulsadores, sumado a sorteos e debates.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cristin Ferro anunciou que este ano contarán con moitos escritores novos, e galegos. Haberá tamén oportunidade de que coñezan O Carballiño cunha visita guiada. O nome das mesas neste caso levará os produtos gastronómicos da zona.