Ribadavia fai fronte á choiva co festival Arteficial

Ribadavia abriu boca para as festas patronais do Portal esta fin de semana cunha nova edición da súa romaría e festival Arteficial. Por fin recuperan a súa ubicación orixinal, nas rúas do casco histórico, un emblema para eles.

A pesar da choiva, houbo unha gran afluencia de xente, chamada polo cartel de música. Este festival ten moitos adeptos, repetindo ano tras ano; e tamén moitos outros que é a primeira vez que veñen, e de seguro repetirán.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais de música, o festival conta con obradoiros e mercado de artesanía. Algúns tradicionais e outros que se estrearon este ano, todos satisfeitos.

Entre as figuras que destacaban no cartel atopábase Carabela, Agosto, Dj Paula RR, Loiros, Isaac Pedrouzo, Todas as batallas perdidas, Amor Líquido ou Malandrómeda.