O BNG promoverá unha declaración institucional para que o Concello de Ourense se posicione a favor do mantemento e autonomía funcional da Escola de enfermaría de Ourense ante a súa próxima integración na Universidade de Vigo

Na Comisión de Pleno convocada para este venres, o Grupo municipal do BNG promomerá unha declaración institucional para solicitar da Xunta de Galiza “que a Escola de enfermaría de Ourense manteña a súa sede e autonomía funcional”

Ourense, 24 de outubro de 2023. Nas últimas semanas e como consecuencia da pronta definición por parte da Xunta de Galiza das condicións para a integración das Escolas de enfermaría de Vigo, Pontevedra e Ourense na Universidade de Vigo, varios son os colectivos que temen que unha vez máis, a centralización prexudique os intereses de Ourense e propicie a perda de autonomía e capacidade funcional da actual Escola de enfermería de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo o Portavoz municipal do BNG Luís Seara, “o que temos neste momento enriba da mesa é a integración das Escolas de enfermaría de Vigo, Pontevedra e Ourense nunha facultade única descentralizada e con sede nos tres campus”, e engade, “por desgraza, en Ourense xa sabemos o que isto pode significar pois temos exemplos de como procesos similares acabaron debilitando o posicionamento do noso Campus”.

Seara entende que ante esta situación e “a preocupación crecente en torno ao que finalmente poida acontecer, o Concello de Ourense debe manifestarse e posicionarse claramente a favor do mantemento da Escola de enfermaría de Ourense, garantindo que a descentralización permita que a nosa Escola poida manter a súa autonomía, algo do que disfrutan o resto de centros da propia Universiade de Vigo”.

Desde o Grupo municipal do BNG proporán a través da Comisión de Pleno deste venres que se consensúe unha declaracións institucional ao entender que “estamos diante dunha cuestión que desde logo merece toda a nosa atención pola trascendencia que ten para o noso Campus e polo tanto, para Ourense no seu conxunto”.