O Centro Sociocomunitario do Carballiño organiza unha actividade con motivo da conmemoración do Día internacional da eliminación da Violencia contra a muller.

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballiño damos conta da seguinte actividade  que terá  lugar  o vindeiro  sábado  18,  con motivo  da conmemoración  do Día internacional da eliminación da Violencia contra a muller.

A  fin  de  dotar  as  mulleres  de  ferramentas  e  habilidades  para  gañar  en confianza e seguridade impartirase un taller de autoproteción e defensa persoal enfocado a adquirir técnicas básicas para facer fronte a posibles agresións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Será impartido por Lorena Gómez Cid, profesora  especializada en defensa persoal  feminina  e  autoprotección   para  a  muller,  colexiada  N°1865  e cinturón  negro 3 Dan en defensa  persoal;  quen utiliza unha metodoloxía feita por mulleres e para mulleres, misturando diversas artes marciais e disciplinas de autodefensa con traballo emocional.

Preténdese xerar vínculos de sororidade e crear un espazo  prop1c10 para expresar   as   emocións   sen   ser   xulgadas   e  donde   poder   practicar   a autodefensa dunha maneira segura e eficaz.