O Psdeg-Psoe destaca que a investidura de Pedro Sánchez supón “unha gran nova” para Ourense e permitirá que a provincia afronte unha nova etapa de avances e progreso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Marga Martín sinala que onte “foi un día moi importante para España, para Galicia e para Ourense” e apunta que o goberno progresista “vai continuar na senda de ampliar os dereitos das persoas e a seguir facendo da xustiza social o eixo central das súas políticas”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Rafa Villarino subliña que da man de Sánchez, “o Estado encamíñase cara metas antes utópicas, como o pleno emprego, a igualdade efectiva, a aposta polas enerxías limpas ou a amplitude da cobertura da dixitalización, sen descoidar ás persoas máis desfavorecidas”

Ourense, 17 de novembro de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense destaca que a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno supón “unha gran nova” para os intereses de Ourense, xa que tal e como apuntan “permitirá que a nosa provincia afronte unha nova etapa de progreso e avances”. Os e as socialistas salientan que da man do PSOE, a provincia de Ourense “recibirá máis investimentos, desenvolveranse e remataranse obras de gran calado e os ourensáns e as ourensás verán mellorar a súa calidade de vida, coa subida do salario medio e con melloras no ámbito social”.

Dende o PSOE ourensán apuntan que os próximos catro anos “abren unha nova etapa de oportunidades para Ourense” e fan fincapé en que “fronte ao retroceso, o odio e o escurantismo que propuña a dereita e a ultradereita, atopámonos un Goberno que seguirá apostando pola xustiza social, a estabilidade, a concordia e a convivencia, pondo á s persoas no epicentro das políticas gobernamentais”.

A deputada no Congreso polo PSdeG-PSOE de Ourense, Marga Martín Rodríguez, sinala que “onte foi un día moi importante para España, para Galicia e para Ourense” e apunta que o goberno progresista “vai continuar na senda de ampliar os dereitos das persoas, a seguir facendo da xus tiza social o eixo central das súas políticas, a continuar subindo as pensións e a fixar por lei que o salario mínimo interprofesional non baixe nunca do 60% do salario medio”.

Un Goberno, que en palabras da representante socialista no Congreso dos Deputados “vai por en marcha políticas de emprego para a mocidade e plans de choque  para  os  parados  de  máis  de  45  anos,  ademais  de  continuar aumentando as becas, a financiación da atención á dependencia e incrementando o ingreso mínimo vital”. Marga Martín finaliza afirmando que

“estamos ante unha noticia moi importante para os ourensáns e as ourensás que disporán dunha vida máis fácil, agradable e de máis xustiza social ”.

Pola súa banda, o senador do PSdeG-PSOE de Ourense e secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, afirma que “rematou o impase e xa é indiscutible, dende hoxe, Pedro Sánchez é o lexítimo presidente do Goberno de España”. O representante socialista por Ourense na cámara alta tamén pon en valor que os beneficios do anterior mandato para a cidadanía, o país e o PSOE “son incontestables, sendo proba disto a mellora da situación económica, laboral e social, ademais do liderado, acadando a potencia en Europa ”.

Rodríguez Villarino subliña que da man de Pedro Sánchez, “o Estado encamíñase cara metas antes utópicas, como o pleno emprego, a igualdade efectiva, a implementación xeneralizada das enerxías limpas no avance cara a descarbonización e a amplitude da cobertura da dixitalización, sen descoidar ás persoas máis desfavorecidas, e mellorando a calidade e estabilidade laboral, e ofrecendo seguridade ás pensións”.

Os e as socialistas ourensás sinalan tamén que os votos recibidos polo PSOE nas últimas eleccións e o respaldo de case todo o arco político representado no Congreso demostran que Pedro Sánchez e o Partido Socialista “son quen mellor atenden e comprenden a realidade española, e quen merecen, coa lexitimidade que outorga a democracia, seguir traballando para achegarnos ao país avanzado que queremos ser”.