O BNG enmenda os orzamentos da Xunta para que Valdeorras deixe de estar discriminada polo PP

Noa Presas “o BNG está comprometido con Valdeorras, con Ourense e con poñer punto e final a unha discriminación do interior que ten nas fozas estatais o seu gran responsable”

AVANTAR ACTIVIDADES

Noa Presas traslada a preocupación do BNG ante as útlimas noticias de Irosa Samaca.

O Barco de Valdeorras, 28 de novembro de 2023. A deputada do BNG, Noa Presas; María Albert, alcaldesa da Rúa; Suso Vilasánchez, voceiro do grupo municipal do BNG do Barco e Roberto Quiroga, responsábel comarcal de Valdeorras compareceron ante os medios de comunicación para avanza as propostas do BNG para corrixir a discriminación de Valdeorras nos Orzamentos da Xunta para o ano 2024

A deputada  declaraba  que “é  absolutamente impresentable que nos orzamentos da Xunta haxa apenas medio millón para un hospital do Barco que precisa reforzos materiais e humanos, que non haxa propostas para a restauración medioambiental, que non haxa propostas industriais pese ao liderado da comarca e que non se aborden problemas estruturais como os das infraestruturas viarias.

 A deputada nacionalista presentou unha batería de enmendas ante os medios coas que conquerir o fin da discriminación de Valdeorras nos orzamentos do PP na Xunta, empezando por blindar o dereito a unha sanidade pública de primeira, cunha dotación de persoal, atendendo especialmente a mellora de HADO, a dotación de persoal de radioloxía e a aposta por unha unidade de pneumoloxía e psilicose e mellorar a atención das urxencias cunha nova ambulancia de soporte vital avanzado.

 Pero tamén, continuaba sinalando Presas, é  necesario apostar pola reparación ambiental como motor económico. “Apostamos por un ambicioso plan de recuperación das zonas queimadas, pois a día de hoxe Valdeorras aínda non foi reparada polos danos dos graves incendios de 2022.  “E preciso ademais investir en prevención, executando franxas de cortalumes verde e incorporando pastoreo. Apostando tamén por desenvolver o potencial da Serra da Enciña da Lastra. E polo saneamento dos ríos Sil e Casoio.”

Desde a fronte nacionalista tamén presentaron enmendas para cumprir coas demandas históricas no ámbito das infraestruturas.  Pediron  que a Xunta aposte por despregar adecuadamente a cobertura de banda larga e 5G acabando coas zonas escuras. E comprometer máis investimento para para a mellora da OU-533

Estas emendas trasladan as demandas da sociedade valdeorresa que recolleron con esmero Suso Vilasánchez, concelleiro no Barco e o grupo municipal e tamén María Albert, alcaldesa da Rúa e o seu equipo coordinados por Roberto Quiroga, responsable comarcas. Responsables políticos e orgánicos comprometidos con traballar por e para Valdeorras como amosou con intensidade María nos anos nos que estivo no Parlamento Galego traballando con intensidade. Afirmaba Noa Presas que remataba agradecendolles a eles o seu enorme traballo.

PREOCUPACIÓN ANTE A ÚLTIMA HORA DE IROSA SAMACA

Ante a última hora coñecida na tarde do mércores de que previsiblemente se consume mañá mércores 29 de novembro o desafiuzamento da empresa, o BNG expresa a súa preocupación e comparte a inquedanza dos traballadores cando inicialmente se informara de que co acordo non se celebraría. Noa Presas lamenta que neste conflito a Xunta estivese ausente e se negase a impulsar unha mesa de traballo “pois o papel mediador da administración galega sería agora unha garantía que non temos” e agarda que finalmente haxa unha solución e se manteña a actividade, pois sería demoledor para o conxunto da comarca o contrario.