Os socialistas galegos levan ao parlamento o “fraude e engano” da Xunta co proxecto ecobarrio de Ourense

Carmen Dacosta esíxelle ao goberno galego que reactive un proxecto de 2018 que ía xerar 300 postos de traballo cun investimento de 20 millóns de euros

Ourense, 31 de agosto de 2023. A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta anunciou hoxe que a reactivación do proxecto do Ecobarrio da Ponte, en Ourense, será un dos asuntos prioritarios do PSdeG no Parlamento no reinicio do curso político. Dacosta anunciou unha batería de iniciativas para denunciar o “fraude e engano” do goberno galego aos veciños e veciñas da capital con este proxecto.

AVANTAR ACTIVIDADES

A responsable socialista lembrou que o proxecto, presentado en 2018 polo daquela presidente da Xunta, Núñez Feijóo, debería ter xerado 300 postos de traballo e un investimento de 20 millóns de euros na cidade. Pola contra, logo de 5 anos tan só investiron 780.000 euros e a sede do proxecto, a Oficina Ecobarrio, permanece “pechada a cal e canto” e nas mans dunha asesoría privada.

Carmen Dacosta empraza ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a explicar “se vai retomar de forma inmediata o proxecto cos investimentos comprometidos ou polo contrario renuncia definitivamente aos 20 millóns de euros e aos 300 postos de traballo que anunciaron”.

A parlamentaria socialista lembra que o PP tense negado ata o momento a aprobar tódalas iniciativas parlamentarias presentadas polo Grupo Socialista para reactivar o Ecobarrio, así como as emendas aos Orzamentos da Xunta. Explicou que nas contas do goberno galego para este ano 2023 só figura un orzamento “irisorrio” de apenas 100.000 euros.

Hit das mentiras de Feijóo

A portavoz do Grupo Socialista no Concello, Natalia González, sinalou que o proxecto de Ecobarrio constitúe “o último hit das mentiras de Feijóo coa cidade” e que evidencia que a Xunta e o PP “nunca apostaron nin apostarán por Ourense”. Logo de 5 anos, dixo, o proxecto que estaba chamado a “marcar un antes e un despois” e facer de Ourense a capital da xeotermina europea quedou en “outro bluff máis da Xunta”.

Preguntou onde foi parar o medio millón de euros dedicados á oficina do Ecobarrio, que leva máis de catro anos pechada, sen rastro dos postos de traballo nin dos investimentos prometidos para levar a xeotermia a 50 fogares do barrio.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Renuncia fraude engano Xunta caraq cidadáns de Ou

Marzo 18, hai 5 anos anunciaban a bombo e prato salón de plenos do concello, NF, acompañado de Arias Cañete, proxecto Ecobarrio

Inversiópn 20M€, converter Ou 1ª cidade europea prodeución xeotermia, habilitar 50 vivendas para uso calefacción e auga quente con esta enerxía e 300 postos de traballo

Hoxe en día de 20M€ Xunta só 780.000, -4%

Oficina Ecobarrio, punto de información usuarios, propietarios e particulares, investimento 500.000€, pechada a cal e canto, en mans de asesoría privada

GPS, igual que Gmunicipal presentamos moc para reactivar. 2023 só orzamentaron 100.000€ irrisorio. Emendas e mocións con escaso éxito

POP a Rueda se renuncia a 300 postos de traballo e 20M€ de investimento ou como pedimos, solicitamos retomen de forma inmediata proxecto, que fagan investimenos necesarios e precisos, cumprir coa palabra dada

Diante do último hit mentiras de NF coa cidade Ou, estaba chamada a ser pficina ecobarrio, marcar antes e despois para Ou e barrio da Ponte. Xunta e PP nunca apostaron nin apostarán por Ou, o que temos é despilfarro +,5M€ oficina pechada +4 anos, sen postos lde traballo, sen axudas aforro e eficiencia enerxética veciños/as sen convcerternos capitarl de EU uso recursos como xeotermia ou loita Vs cambio climático

Outro bluff máis da Xunta con Ou, onde os cartos? Opnde o investimento?

Seguiremos loitando para que Xunta se comprometa de verdade coni Ou, deixe de tirar cartos e de enganar a todos/as