BNG avanza a Estratexia Rural 2024-2028 con propostas concretas para Viana e garantir o equilibrio territorial

Aposta por fixar e atraer poboación no medio rural fortalecendo os servizos públicos e as conexións: ampliando a escola infantil e construíndo o terceiro carril da OU-533

AVANTAR ACTIVIDADES

Noa Presas asegura que un goberno do BNG á fronte da Xunta garantirá un medio rural vivo e con servizos, que favorezan o reequilibrio territorial e a cohesión social

Ourense, 4 de febreiro de 2024. A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, visita Viana do Bolo acompaña polo portavoz municipal e candidato, Secundino Fernández, a concelleira, Emilia Somoza, e a ex concelleira, Graciela Diéguez. Presas promete a ampliación da escola infantil pública de Viana do Bolo e cumprir coa demanda da veciñanza de construír o terceiro carril da OU-533, após o 18-F cun goberno galego liderado polo BNG que ten como prioridade garantir o reequilibrio territorial e a cohesión social, tamén nas zonas rurais de Ourense.

“Un medio rural vivo é unha prioridade para o BNG e, por iso, a partir do 18-F, poremos en marcha medidas que favorezan o reequilibrio territorial e a cohesión social” avanza Presas durante a visita a Viana do Bolo. Estas medidas están recollidas tanto no programa marco do BNG como no específico para as comarcas ourensáns baixo o nome “Plan Ourense Vivo”.

A Estratexia Rural 2024-2028 do BNG aposta por fixar e atraer poboación no rural: fortalecendo os servizos públicos e mellorando as conexións. “Para o BNG será unha absoluta prioridade que Viana do Bolo avance en dous sentidos: comprometémonos a ampliar as prazas da escola infantil para que todos os nenos e nenas desta zona que o precisen poidan acudir a escola e se vexa mellorada” promete Presas.

“Hai que acabar cos incumprimentos históricos do Partido Popular a respecto da OU-533 que durante moitos anos se inclúen partidas pírricas nos orzamentos da Xunta se conseguir a súa mellora integral e tampouco colman as expectativas de mellora que necesita esta vía construíndo un terceiro carril” asegura Presas. Ante esta situación, a cabeza de lista avanza que o goberno galego liderado polo BNG dotará a OU-533 dun terceiro carril atendendo así as demandas da veciñanza.