A teimosía da perpetua escuridade

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón

 

Qual de nós pode, voltando-se no caminho onde não há regresso, dizer que o seguiu como o devia ter seguido?

(Livro do Desassossego, Fernando Pessoa).

AVANTAR ACTIVIDADES

Antonte, mentres paseaba, chamoume desde a Arxentina, Lisardo Quintas Teixeira –o meu tío Lisardo– para preguntarme polas recentes eleccións galegas. Pretendía confirmar se ese tal “Eme Punto” Rajoy, que sente veneración por Milei, era o mesmo que lle axudou a Alfonso Rueda a ser presidente de Galicia. Tamén me quería contar o soño que, na véspera do pasado 18 de febreiro, lle amolara a dixestión da cea, ata o punto de telo en vela toda a noite.

Tal e como mo contou deitouse sen sono e, para tratar de durmir, embobou a mente coa teoría da miña nai segundo a cal, coa chegada oficial do inverno, cada día medra como a pisada dunha pita. Díxome que non descansara na cama, matinando na fórmula alxébrica capaz de converter distancias en tempos, pasos de pita en horas ou abundancia en secura. Finalmente, ao prender no sono, un soño repugnante apoderouse do seu subconsciente e a ansiada compracencia foi ficando arredada por un fatídico amargor que lle acabou pexando a noite. Medio adormecido, abríanselle os ollos cada pouco e non era capaz de pechalos porque sempre se lle ía a vista cara a fiestra, en busca da luz que nunca chegaba. O sangue fervíalle a cachón cando unha raiola, sempre acompañada da sombra de tonalidade vermella lle petaba nos cristais, porfiando e gurrando por clarexar o día. Mais á escape chegaba a teimuda escuridade para eclipsalo todo, ata encher de negror os espazos e as horas, obrigándoas a deterse e permanecer, mentres a noite se facía interminábel, posesiva, aborrecida, dominante… e case sempre insoportábel. Ao se agarrar o cansanzo ás illargas do meu tío, aquel soño persistente regresaba e furgaba na súa mente, ata lle atoldar o ser, como unha malvada samesuga ansiosa de zugarlle o sangue. E, se o sol intentaba asomarse, sempre aparecía a sombra para mitigar a claridade. Á medida que as agullas do reloxo agatuñaban polas horas da noite, ansiosas de gozar do amencer, a escuridade apagaba os alustres para medrar sen límite, para perpetuar a noite. Cando, a piques de topenear, a luz e a sombra deciden asociarse para afastar a paisaxe tenebrosa, a escuridade remélase de novo e fica asentada definitivamente no tempo.

Esas son as tres caras da política galega coas que soñou o meu tío. E, aí está a perpetua escuridade, omnipresente, sen tonalidades, tinguindo os días cun gris marengo, case negro, mentres a luz segue gurrando contra os elementos, despois de engulir a sombra, agochada detrás do tempo. E nós? Nós aí estamos, crendo que somos a luz, mais só somos vagalumes, imbuídos na longa noite sen lúa, conformándonos con que se asome, de cando en vez, na fase de cuarto minguante.   

A piques de rematar a conversa co meu tío, sigo camiñando e atopo a Iolanda, que paseaba a cadela ao tempo que borboriñaba Al Alba, de Luis Eduardo Aute. Ela camiña devagar, apesarada; acéname sen deterse e sen interromper o seu canto: «Presiento que tras la noche/ vendra la noche más larga / quiero que no me abandones / amor mio, al alba / al alba, al alba…»

[O meu tío Lisardo despídese de min, non sen antes lembrarme que, para apalpar a luz, hai que madrugar todos os días e, dende a mañá cedo, procurar que a clareza medre cada día, aínda que só sexa como a pisada dunha pita, aproveitando as raiolas para buscar novas lanternas que nos axuden a facer minguar a noite, ata dar coa chispa e a bencina que prendan como é debido, para que a escuridade se afaste definitivamente]


Outros Artigos de Antón Jardón :

“A esencia non está na casca”

“O gozo de pasear sen ir cara a ningures”

“Que che trouxeron os Reis?”

“A espantosa realidade das cousas”

“Anatomía do frío que non cesa”

“Recompor a memoria. En galego, claro!”

“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”

“As gloriosas fragancias da Gloria”

“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”

“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”

” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “