O Cine Club comeza marzo proxectando o filme “Perfect days”

Este venres día 1 de marzo o Cine Club empeza o mes coa última película do director alemán Win Wenders, “Perfect days”, unha historia ambientada en Tokio, onde vive Hirayama, limpador de retretes públicos na cidade. Pouco a pouco imos vendo como o protagonista (o seu actor, Koji Yakusho mereceu o Premio á interpretación en Cannes) enche a súa existencia de pequenas cousas, libros, fotografía, a música…e imos coñecendo máis do seu pasado. Un filme puro e auténtico que fala do valioso das nosas vidas nunha era cada vez máis dominada polo virtual e a tecnoloxía. A película é finalista aos Premios Oscar á Mellor película intencional, representando a Xapón.

Os pases serán coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en vos, no Auditorio Manuel María do Carballiño. 

AVANTAR ACTIVIDADES