Espazo Común critica ao alcalde por levantar o reparo do interventor dunha factura de 400 € nun restaurante de Madrid

Comunicado de Espazo Común

FUMEGA LEVANTA UN REPARO DO INTERVENTOR PARA PAGAR COS CARTOS DO CONCELLO A FACTURA DE 400 € DUNHA PAPAROTA DE MANOLO DACAL NUN RESTAURANTE DE MADRID

AVANTAR ACTIVIDADES

O tenente decidiu darse unha homenaxe a conta dos veciños na súa visita a Fitur do ano 2023 e despois escondeu a factura ata decembro.

Non existe xustificación algunha para este uso dos cartos públicos e ambos deberían dar expliacións con urxencia por este feito.

                                                                         O Carballiño,  14 de marzo de 2023.

A reacción airada do tenente de alcalde Manolo Dacal no pasado pleno cando o noso voceiro Adolfo Nogueira preguntou ao alcalde pola factura de 400 € pagada con cartos públicos dunha comida nun coñecido restaurante madrileño con estrela Michelín, explica por si mesma o desnorte que tén o grupo de goberno socialista.

A única resposta que se lle ocurriu foi “esos gastos son do ano pasado”. Como se iso fose xustificación suficiente para ese dispendio dos cartos de tódolos veciños para darse unha homenaxe e para levantar o reparo posto polo interventor municipal.

Certamente as facturas dos gastos desa viaxe son de xaneiro de 2023 pero por razóns descoñecidas (probablemente as eleccións municipais entre elas) foi rexistrada polo concelleiro para xustificar os cartos que retirara das arcas do Concello para aquela viaxe o día 29 de decembro de 2023, xusto dous días antes de que rematara o prazo.

O decreto no que alcalde ignora a advertencia de legalidade dos técnicos é do día 19 de xaneiro deste ano 2024.

Se o señor Dacal pensa que o problema é que a oposición faga preguntas ao respecto, deixa claro que despois de 17 anos coma concelleiro sabe moi pouco de democracia, algo que tamén acredita o seu comportamento noutras sesións plenarias, murmuriando e insultado entre dentes aos concelleiros dos outros partidos só por facer o seu traballo.

A paparota dos 400 € e o proceso posterior para o seu pagamento tén que ser debidamente explicada polo alcalde Fumega e polo propio Dacal pois non se poden consentir este tipo de usos do diñeiro dos cidadáns.