Manquiña chega o 9 de xuño ao Carballiño coa obra “Todo Nunha Noite”

Xunto á actriz Sabela Hermida é unha das obras máis importantes do panorama galego con máis de 8.000 espectadores. As entradas xa están á venda (10 euros) para vela no Auditorio do Carballiño.

“Todo Nunha Noite”, da compañía Abismo Caracol, chega o 9 de xuño ao Auditorio do Carballiño. Protagonizada por Manquiña e Sabela Hermida e dirixida por Darío Autrán, a obra conta a historia dun director teatral que convence á súa musa para que cambie de rexistro e deixe de lado a súa exitosa carreira de comedia para somerxerse de vez en cando no drama.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sesenta minutos de risas, contradicións e moito alcol fan desta obra unha das apostas máis importantes no panorama teatral galego. Autrán acaba de recibir o premio ao mellor director en Nova York no Universal Film Festival pola súa película “El Tirabeque”, e Sabela Hermida é unha das actrices fundamentais de Galicia que segue en xira con varias das súas obras como “Política Sentimental”, “Manar” ou xunto á compañía Bucaneros.