Cenlle delega as competencias na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

09,15 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez Lamas, asinarán o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Asemade, a conselleira e o alcalde de Piñor, José Luís González Rodríguez, asinarán o convenio para ampliar as competencias delegadas. No seu despacho (1º andar). foto xoán crespo 12/04/2021

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) asumirá as competencias en materia de inspección, sanción e restablecemento da legalidade nos concellos de Cenlle e Boqueixón. A súa adhesión formalizouse hoxe coa sinatura de senllos convenios entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vazquez, e os alcaldes de Cenlle, José Manuel Rodríguez, e de Boqueixón, Manuel Fernández. Ademais, o rexedor de Piñor, José Luis González, tamén formalizou esta mañá o acordo para ampliar as actuais funcións da APLU neste municipio.

Con estas dúas novas incorporacións, o organismo autonómico ten asumidas xa as competencias dun total de 91 concellos en toda Galicia (31 na provincia da Coruña, 27 na de Ourense, 18 en Lugo e 15 en Pontevedra).A integración na Axencia ofrece toda unha serie de beneficios e vantaxes para os municipios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así, en virtude dos convenios asinados hoxe, Cenlle e Boqueixón delegan as súas competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a aquelas obras que se executen sen licenza, sempre que estean en solo rústico non urbanizable, en solo urbanizable ou apto mentres non se aprobe o correspondente planeamento, ou en núcleos rurais delimitados no correspondente PXOM.

De igual xeito, a APLU comprométese a transferir aos concellos o 10% do produto das multas coercitivas e das sancións impostas ata un máximo de 30.000 euros anuais e asume como principais funcións a tramitación dos expedientes de reposición así como os sancionadores, a prestación de asistencia técnica e xurídica a todos os municipios adheridos e a formación e sensibilización dos cidadáns na protección do territorio e da paisaxe.