O concello de Punxín celebra mañá martes pleno ordinario

Imaxe dun pleno no concello de Punxín en decembro de 2019.

Mañá xoves, día 30, o concello de Punxín celebra unha nova sesión de pleno ordinario, despois do verán sen actividade política. Por parte do PSOE, debatiranse as mocións na que piden o cumprimento dos acordos plenarios mediante un órgano de control, a creación dun plan de limpeza de espazos públicos e a reparación das rúas de Barbantes.

Compromiso por Galicia reitera a petición da dimisión do actual goberno a creación dun novo en consenso. Piden tamén dúas propostas para o eido cultural: a creación do Free Tour Punxín e unha semana cultural dirixida a ensalzar a labor de Benigno Quiroga.

AVANTAR ACTIVIDADES