O senador e alcalde de Leiro a través dunha moción pide ao goberno medidas para estar preparados na loita contra os rebrotes

• Na súa intervención, o senador por Ourense afirmou que “estas medidas téñense que desenvolver dentro do Consello Interterritorial de Saúde e en colaboración coas Comunidades Autónomas”.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

• Entre estas medidas, destaca establecer un Plan de reforzo dos sistemas de vixilancia epidemiolóxica, a través de sistemas de seguimento dixital descentralizado e encriptado, ademais de impulsar unha Axencia Nacional de Saúde Pública, cunha unidade específica de pandemias.

• “É necesario o establecemento dun novo protocolo específico de aeroportos, portos e fronteiras terrestres

O senador do PP por Ourense, Francisco José Fernández, pediu hoxe ao Goberno, a través dunha moción debatida no Pleno do Senado, a adopción dunha completa batería de medidas, con oito acciones concretas, “para loitar contra os rebrotes do Covid 19, e para os que temos que estar preparados”.

Entre estas medias, Fernández destacou “establecer un Plan de reforzo dos sistemas de vixilancia epidemiolóxica, a través de sistemas de seguimento dixital descentralizado e encriptado, a partir de experiencias piloto de aplicacións móbiles”.

Ao longo da súa intervención, o senador ourensán do PP afirmou que entendemos que “o Goberno chegou tarde á loita contra a pandemia, sen funcionar as alarmas, con continuas contradicións, e despois de 100 días de estado de alarma”. Iniciouse a desescalada, que tamén entendemos, “que se fixo dunha forma aínda peor, por iso traemos esta moción cunha serie de puntos, para ter un plan de actuación contra os rebrotes”, explicou.

Así, Francisco José Fernández puxo de manifesto que estes rebrotes, “que xa os hai, no cal coincidimos co expresado polo propio ministro nos últimos días e semanas; pero agora é necesario estar preparados, e por iso pedimos estes oito puntos, a desenvolver dentro do Consello Interterritorial de Saúde e en colaboración coas Comunidades Autónomas”.

IMPULSAR UNHA AXENCIA NACIONAL DE SAÚDE PÚBLICA

Neste sentido, o senador popular ha recalcado que a moción do GPP solicita no seu segundo punto, “impulsar unha Axencia Nacional de Saúde Pública, cunha unidade específica de pandemias”. Igualmente, tal e como expuxo no debate, o terceiro dos puntos da iniciativa o PP solicita ao Executivo, “reforzar a sanidade exterior para afrontar unha resposta máis áxil en materia de vixilancia epidemiolóxica e control dos posibles riscos para a saúde derivados da importación, exportación ou tránsito de mercadorías, e do tráfico internacional de viaxeiros”.

O cuarto dos puntos da moción, pide “o establecemento dun novo protocolo específico de aeroportos, portos e fronteiras terrestres para garantir os corredores de tránsito de viaxeiros seguros, #cuestión de suma importancia tamén”, remarcou.

“No quinto punto, pedimos establecer unha Reserva Estratéxica Nacional para afrontar posibles rebrotes da pandemia; e no sexto, fortalecer o modelo de atención primaria e comunitaria na resposta a posibles rebrotes”.

Fernández tamén destacou na súa intervención, a importancia de “crear un Plan de atención para persoal vulnerables (maiores e dependentes), con canles de información para as familias e protocolos para a coordinación entre residencias, hospitais e centros de saúde”, como indica a sétima das medidas concretas solicitadas polo PP.

Para terminar, o senador por Ourense sinalou que, como oitava e última medida, é necesario que “o Goberno estableza un Protocolo Nacional de asistencia hospitalaria en caso de rebrotes da pandemia Covid-19. Isto na miña terra resumímolo cunha palabra que tivo moita vixencia estes días: sentidiño”.