O BNG solicita o traslado á fiscalía do acontecido nunha mesa electoral de Ourense

A formación nacionalista denuncia as irregularidades acontecidas durante a xornada electoral do pasado 12X

O BNG ven de rexistrar un escrito para solicitar que as denuncias emanadas pola organización nacionalista durante a xornada electoral do pasado 12X se poñan en coñecemento da fiscalía e pola Xunta Electoral Galega. O obxectivo da mesma é investigar posíbeis delitos electorais, así como posíbeis delitos por coaccións e contra a saúde pública e esclarecer o acontecido na Residencia San José de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Durante a xornada electoral do pasado 12X para os comicios galegos, o BNG puxo en coñecemento da Xunta Electoral Provincial de Ourense certas irregularidades na mesa electoral de Rairo no Concello de Ourense. A organización denunciou esta situación tras a votación de varios electoras levadas pola dirección da residencia de anciáns de San José e despois de que varias apoderadas deixaran constancia na acta da propia mesa na AVV Santa Mariña de Rairo.

Entre as acompañantes destas electoras atopábanse monxas e persoal do centro e non familiares das mesmas, que aínda a día de hoxe teñen restrinxidas as visitas á residencia. Paralelamente, a organización nacionalista destacou que as monxas que as acompañaban e o persoal laboral “negáronse a que as familias das residentes puidesen visitalas e o día da votación a xerencia mesma sacounas da residencia para levalas a un local de electoral”.

Polo que puido saber o BNG, as votantes, con capacidades físicas mermadas, acudiron a través de vehículos levadas por profesionais da residencia. O BNG fixo constar na propia acta da mesa electoral esta práctica e as matriculas, así como outras que se desenvolveron na mesa de Rairo.

“A labor de vixilancia e garante da transparencia da xornada electoral, non é competencia dunha organización política, se non da Xunta Electoral, á cal como órgano competente para estes fins, trasladamos feitos irregulares que deben ser obxecto de investigación por poder incorrer en posibles delitos electorais” destacaron desde a formación nacionalista. Asemade, indicaron que tamén se pode estar incorrendo “en posibles coaccións, e mesmo en delitos contra a saúde pública que unha organización política non é competente para investigar para garantir o desenvolvemento democrático dunhas eleccións”. 

Con estes feitos denunciados polo BNG ante a Xunta Electoral Provincial de Ourense, a organización nacionalista quere que sexan postos en coñecemento da fiscalía por parte da Xunta Electoral Provincial de Ourense ou pola  Xunta Electoral Galega, para investigar posibles delitos electo2rais así como posibles delitos por coaccións, delitos contra a saúde pública e outros  dos que non puidesemos dar indicios ás Xuntas Electorais cometidos pola Residencia San Jose de Ourense no día da xornada electoral do 12 de xullo de 2020”.