O Psdeg-Psoe de Cartelle insta ao grupo de Goberno Municipal a que se apoie ao sector hostaleiro

O PSdeG-PSOE de Cartelle insta ao grupo de goberno municipal do Partido Popular a que se apoie ao sector hostaleiro mediante un plan de reactivación da actividade económica, no que se contemple entre outras medidas, unha liña de axudas económicas destinadas a atemperar os gastos dos establecementos hostaleiros do municipio. Os socialistas presentan unha moción neste senso para ser debatida no vindeiro pleno municipal, debido a grave crise económica que afecta ao sector con motivo da pandemia da COVID-19 e das restricións adoptadas pola Xunta de Galicia e que están afogando a hostalaría.

Os socialistas afirman que dende o comezo da pandemia da COVID-19, constatouse que a crise derivada das medidas necesarias para a loita contra o virus “afectaría considerablemente o ámbito social, ao ámbito sanitario e ao ámbito económico”. “As cifras relativas a estes ámbitos, coñecidas hoxe en día, e os devastadores efectos que se intúen poñen en risco o noso modo de vida e o noso sistema económico, dos que depende o noso benestar social, apunta o voceiro dos socialistas en Cartelle, Jesús Pereira Vázquez.

AVANTAR ACTIVIDADES

Atendendo ao ámbito económico, produciuse un grave impacto en traballadores

autónomos, pequenas e medianas empresas, negocios familiares e traballadores por conta allea, cuxa continuidade e supervivencia non está garantida. En concreto, a hostalería e un dos principais sectores económicos afectados pola pandemia. Estes establecementos permaneceron pechados, sen capacidade de xerar ingresos e coa obrigación de facer fronte aos seus gastos ordinarios.

“En Cartelle, os hostaleiros no son alleos a esta problemática xerada pola pandemia polo que sería necesario que se elaborase un plan de reactivación da

actividade económica”, explica Pereira Vázquez. Unha medida que segundo manifesta, “serviría como apoio ao sector hostaleiro, que se podería concretar mediante axudas económicas, ademais de outras medidas que se puidesen tomar para garantir a supervivencia do sector neste concello”.