O Carballiño sofre un leve repunte de casos, subindo ata o total de 81

O Concello do Carballiño rompe hoxe a tendencia á baixa dos últimos 12 días. Hoxe o número de persoas contaxiadas, segundo informa Sanidade, é de 81, son 3 casos activos máis ca onte. Esto quere dicir que hoxe os novos contaxios superan o número de altas.

Estes datos rompen co bo ritmo dos últimos días, aínda que temos que recordar que nas últimas semanas houbo un número importante de altas, que facían que o número de contaxios se estabilizara.

AVANTAR ACTIVIDADES

O resto de concellos da comarca non presentan cambios na xornada de hoxe, manténdose co mesmo número de casos activos ca onte. Boborás conta con 14  casos activos e San Cristovo con 12, ambos liderando con maiores datos despois do Carballiño. Piñor mantén 6 casos e Beariz 3. Pola súa parte, O Irixo, Maside, Punxín e San Amaro contan con dous casos cada un deles.