O comité clínico evalúa a situación dos concellos e as novas restricións esta tarde

Esta tarde, como cada martes, reuniuse o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia en materia sanitaria. Están enriba da mesa a evolución dos contaxios por concellos. Na nosa contorna preocupa a evolución de Ribadavia, que incrementou os casos en apenas uns días a causa dunha festa. Tamén a cidade de Ourense, que incrementa notablemente os casos a pesar de manter a UCI valeira.

Precisamente estes eventos son os que fan augurar que cambiou a tendencia e os indicadores da pandemia. Por iso, as previsións son que o tipo de restricións se trasladen dos peches da hostalaría que xa sufrimos a tentar evitar os botellóns en rúas, praias e casas. Mañá coñeceremos as decisións deste comité para so próximos días.

AVANTAR ACTIVIDADES