Unha saída de vía provoca unha colisión en cadea de catro vehículos en Aquilino Sánchez

Sobre as 02:00 horas desta madrugada, unha saída de vía na Rúa Aquilino Sánchez provocaba unha colisión contra un vehículo estacionado provocando ademais unha reacción en cadea con catro vehículos afectados. Algúns deles con previsión de sinistro total, aínda que non hai que lamentar danos persoais.