Ourense incrementa a presión dos hospitais, con 8 persoas en planta e 2 na UCI

A comunidade galega rexistra hoxe 76 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa levemente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 798, 53 máis ca onte. A ocupación das camas dos hospitais presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (+1) están en UCI e 29 (-1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 16 contaxios novos, incrementándose notablemente, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 195 casos activos, 11 máis. Os hospitais hoxe presentan 8 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (+1)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES