O IV Salón do Deporte e Turismo Activo abriu hoxe as súas portas en Expourense convocando a profesionais do turismo, deportistas e afeccionados ao deporte
O turismo activo xoga un papel clave na recuperación do turismo tras a pandemia
O salón contou coa visita dos deportistas Alejandro Fernández (Campión da Carreira de san Martiño) e Ainoha García (subcampiona de Europa junior de taekwondo)
Sportur Galicia abriu hoxe en Expourense as portas da súa cuarta edición co obxectivo de vender Galicia como un destino activo, sostible, de calidade e seguro e tamén para posionar ao turismo activo como un sector en crecemento, xa que ofrece todo o que o turista post-covid busca: actividades ao aire libre respectuosas coa natureza e con aloxamentos rurais en lugares desmasificados. A demanda de turismo activo medrou en España un 40% no último ano e Galicia cumpre os requisitos para liderar tamén a oferta neste sector, habiendo x ana nosa comunidade máis de 60 empresas que se adican en exclusiva a organizar estancias e actividades vencelladas co turismo deportivo.
Tal e como indicou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, durante o acto inaugural desta cita, “na actualidade, a fórmula que combina turismo e deporte estase a constituír como un dos atractivos máis importantes na nova oferta turística, xa que é un mercado en expansión e ofrece grandes beneficios económicos a nivel local, autonómico e nacional”. Tamén explicou que “o turismo activo encaixa perfectamente no modelo de turismo seguro, de calidade e sostible polo que aposta a Xunta a través do Plan Galicia Destino Seguro 2021 – 2023. O reforzo de Galicia como destino seguro e de calidade foi precisamente o que permitiu que a provincia de Ourense no acumulado do ano ata setembro recibira 216.604 viaxeiros, e nos meses de xullo e
agosto, Ourense cidade recuperou o 96% da súa demanda turística hoteleira”. O delegado estivo acompañado no acto inaugural polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; pola concelleira de Turismo de Ourense, Flora Moure, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, entre outros representantes institucionais e empresariais.
Sportur Galicia 2021 convoca a unha trintena de expositores entre os que se atopan federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo activo e vencellados coa natureza. Esta cita contacon tres eixos: á área expositiva; a área formativa que inclúe as xornadas técnicas profesionais e a área deportiva. Esta última inclúe campionatos e exhibicións nas que se usará tamén a pista de atletismo cuberta instalada no recinto, unha
das mellores de Europa e unha das 30 existentes no Mundo, e na que se compatibiliza unha vez máis o uso deportivo co uso feiral dentro dun dos eventos organizados por Expourense.
Sportur Galicia, última cita do calendario feiral de Expourense para o 2021, serve precisamente de ponte entre a actividade feiral e a actividade deportiva quese estreará a vindeira fin de semana, do 26 ó 28 de novembro, coa celebración do XXXII Campionato de España de Atletismo Master en Pista Cuberta. A pista de Expourense xa está instalada para esta tempada 2021/2022. Esa primeira mañá de Sportur Galicia foi probada xa por maís de 250 escolares de Primaria dunha ducia de centros da capital ourensá que realizaron distintas probas na pista convocados pola Federación galega de Atletismo e o programa “Xogando ao Atletismo”.
Durante esta primeira xornada tamén se puido presumir de canteira deportiva ourensá e o salón contou coa participación como relator de Alejandro Fernández, o último gañador (e van 6) da Carreira Popular de San Martiño. Tamén visitou o salón nesta primeira xornada a deportista de Castrelo de Miño, Ainoha García, que ven de ganar a Medalla de Prata no Campionato de Europa Junior de Taekwondo celebrado hai uns días en Sarajevo.
A cuarta edición de Sportur Galicia reforzou a súa compoñente profesional para posicionase tamén como centro de negocios a través de acción como o 4º Workshop de
Turismo Activo de Galicia no que están a participar 4 maioristas de viaxes especializados neste sector procedentes de España e Portugal e que están a manter reunións B2B cos representantes de destinos de turismo activo presentes no salón como o Concello de Viveiro, Castrelo de Miño, Trives, A Arnoia, O Pereiro de Aguiar, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e as empresas do sector turístico e hoteleiro convidadas a participar neste workshop pola Axencia de Turismo de Galicia.
Sportur Galicia é un evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias) para que poidan coñecer os servizos, produtos e opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores. Tamén é nun bo escaparate para as federacións deportivas que aproveitan a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos, campionatos e clases abertas para os visitantes.
Xornadas Técnicas
Sportur Galicia 2021 conxuga turismo e deporte con educación e coa adopción de hábitos saudables a través tanto do programa de xornadas técnicas dirixidas a profesionais como do programa de actividades, dirixido ao público xeral. As xornadas técnicas profesionais inclúen unha quincena de ponencias nas que se analizará a actualidade do turismo deportivo en Galicia dende as xeralidades ata casos concretos. Estas ponencias inclúen a presentación dos principais eixos estratéxicos do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar; unha ponencia sobre as claves para organizar campionatos deportivos, impartida polo presidente da Federación de Atletismo de Galicia; a organización de eventos de deporte amateur a cargo da Federación Galega de Hockey.
A conferencia inaugural destas xornadas correu a cargo do coordinador do MBA Deporte da Universidade de Vigo, Patricio Sánchez, que falou do “turismo+deporte” como un binomia de éxito e que fixo referencia a que o concepto de turismo deportivo naceu xa en Grecia coa celebración das primeiras Olimpiadas.
A finalidade destas xornadas é ofrecer novas opcións aos que xa practican deporte e animar aos demais a que tamén o fagan. Así, estanse a realizar presentacións vencelladas directamente con deportes como a marcha nórdica, a orientación, a ximnasia,
a espeleoloxía ou a presentación do Campionato do Mundo Aventura Galicia 2021. Tamén foron presentadas as distintas opcións de deporte e lecer que poden realizarse no Ribeiro (a través das actividades promovidas polo CERLAC) ou na Estación de Montaña de Manzaneda.
As federacións e asociacións e clubes deportivos presentes en Sportur Galicia como expositores están a organizar tamén distintas actividades. Os deportes que estarán representados con actividades nesta cita son: o atletismo, hockey, ciclismo ou xadrez.
Sportur Galicia 2021 está organizado por Expourense co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte e da Axencia de Turismo de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e coa colaboración do Concello de Ourense a través da Concellería de Xuventude. Esta cita celebrarase venres e sábado, o que facilitou ademais a presenza de estudantes de Formación Profesional de Galicia que asistiron as xornadas técnicas profesionais.
A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfís en Facebook e Twitter. O horario de feira será o mañá sábado 20 de novembro de 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 h. Á hora que pecha o salón comezará o II Trail Noturno de Ourense organizado pola empresa Run Maniak, que convocou a 124 corredores e cuxo percorrido comeza e remata nas instalación de Expourense.