O goberno local do Carballiño levará os presupostos a pleno no mes de marzo

O goberno local ten prácticamente rematados os orzamentos para o 2022, unhas contas que presentan unha contía similar ós do pasado ano, rondando os dez millóns de euros. Estas contas irán a pleno no mes de marzo, onde serán debatidas pola oposición. Hoxe falamos co alcalde, Francisco Fumega, que nos explicará máis ó detalle cales serán os principais proxectos que se contemplan.

Francisco Fumega presenta algúns proxectos comprometidos xa coñecidos por todos, sobre todo a nivel de infraestrturas no casco urbán, como o acceso de Correos. E tamén destaca a firme aposta por deixar rematado o saneamento nas 16 parroquias do rural.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto a cultura, o concello ven de recibir a documentación por parte da Xunta de Galicia para o proxecto de museización da Fábrica do Papel, que estará financiado no 80% pola administración galega. A idea que baralla o goberno é qu epoida estar rematado a comezos do ano 2023.

En canto ós Servizos Sociais, o concello do Carballiño reforzará para este ano as horas do Servicio de Axuda no Fogar e implementar un horario de partido de conciliación no servizo do Bo Día Familia, necesario para adaptarse ás circunstancias das familias.