Moción do PP do Carballiño para o fomento dos empadroamentos no concello

IES CHAMOSO LAMAS

O empadroamento é a inscrición de calquera persoa no padrón municipal, isto é, no rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio, e os seus datos constitúen a proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo. De acordo co artigo 15 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local “toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no padrón do municipio no que resida habitualmente”, así como que “quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano”. A inscrición no padrón municipal, por tanto, constitúese como un dereito e tamén como unha obriga dos veciños con residencia habitual no municipio.
Os datos que da o Instituto Nacional de Estatística con respecto a noso Concello son especialmente preocupantes. De acordo con eles a poboación residente no Carballiño ascende a 13.965 persoas, pero outras 4.608 aparecen como “vinculadas” co noso Concello, xa sexa porque traballan, estudan ou pasan mais de 14 noites ao ano no Carballiño. De esta forma a poboación “oficial” do Carballiño podería chegar hasta as 18.673 persoas.
E precisamente a este grupo ao que deben ir dirixidas as medidas de fomento do empadroamento que estamos a propoñer. Estas 4.608 persoas pasan gran parte do seu tempo no noso Concello, utilizando os servizos públicos que se ofertan e non figuran nos rexistros públicos. Sen embargo, poderían valorar a opción de empadroarse no noso concello se ese feito lle reportase vantaxes significativas. De esta maneira o Concello vería reflexada esa poboación flotante nos ingresos que percibe de outras administracións, ingresos que fundamentalmente se calculan por criterios de poboación.

Desde o noso punto de vista, as medidas que se deberían adoptar para o fomento dos empadroamentos poderíanse clasificar en catro apartados:
– Fomento da natalidade, a través da implantación para o próximo ano do “cheque bebé” e a mellora nas posibilidades de conciliación para os pais.
– Medidas de Acceso a determinadas prestacións municipais: por exemplo, as actuais ordenanzas de Emerxencia Social do Concello do Carballiño establecen diferenzas nas prestacións tendo en conta o empadroamento do beneficiario. Da mesma forma, as axudas ao tecido económico local en relación ao Covid diferenciaban entre aqueles que tivesen o seu domicilio fiscal no Carballiño e os que non. Entendemos que estes criterios deben seguir a aplicarse en outras ordenanzas, dentro do absoluto respecto a legalidade.
– Acceso a vivenda: Fomentar dende o Concello o acceso a vivendas en aluguer para aqueles que desexen residir no Carballiño, a través de convenios co IGVS ou coa Fegamp. Debe terse en conta que a día de hoxe, 26 de maio, existen 21 persoas demandantes de vivenda no Carballiño inscritas como tales ante o IGVS, das cales 16 están a solicitar aluguer de vivenda. O noso Concello debe poñerse mans a obra de forma inmediata para cubrir esta demanda, fomentando así os empadroamentos. Compre resaltar que nos pasados anos o Concello do Carballiño quedou fora de estes grandes acordos que permitirían o acceso a vivendas en aluguer en mellores condicións, tanto para inquilinos como para propietarios.
– E por último a posta en marcha de unha campaña de promoción dos empadroamentos, na que se explique as vantaxes que supón para os cidadáns o seu empadroamento no Carballiño, tanto dende un punto de vista persoal como colectivo, ao permitir unha mellor financiación do Concello e, en consecuencia, unha mellora dos servizos que reciben os veciños.

HIPER MASIDE

Polo exposto, sométense a votación do pleno os seguintes acordos:

PRIMEIRO: Que polo Concello se poña en marcha, de forma inmediata, un plan de fomento dos empadroamentos no noso Concello, no que se estude a implantación das medidas que se deixan expostas no corpo de este escrito e calquera outras que aparezan como axeitadas.

SEGUNDO.- Que de maneira inmediata se inicie unha campaña de fomento dos empadroamentos, dirixida a poboación flotante do Carballiño na que se expliquen as vantaxes que supón o seu empadroamento no noso Concello.