Mesego prepara un centenar de empanadas para a 51ª edición da súa festa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os veciños da parroquia de Mesego, no concello do Carballiño, celebraron esta fin de semana a súa xa tradicional Festa da Empanada, que alcanza a edición número 51. Os actos programados incluíron a os oficios relixiosos tradicionais, diversas actuacións musicais e unha cita gastronómica de gran envergadura na zona.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta festa puido recuperar a súa celebración tradicional logo de tres anos de parón. O sábado, os presentes puideron degustar unhas deliciosas racións de empanada. Neste caso, en lugar de elaborar a súa tradicional empanada xigante, por falla de medios e persoal, a organización decidiu elaborar un centenar de empanadas variadas para a súa degustación.

A organización quedou moi satisfeita co resultado desta volta, tanto ca colaboración recibida como ca afluencia, e seguirán mantendo unha tradición para o desfrute de veciños e visitantes.