Mañá, a partir das 12:00 horas, celébrase o sorteo da Lotería do Neno

Mañá, día de Reis, celebrarase o sorteo da Lotería do Neno. Dende as 12:00 horas, no salón de Sorteos de Loterías e Apostas do Estado, dará comezo o sorteo, polo sistema de bombos múltiples.

Hoxe fomos ata a administración Prada, onde quixemos saber como foi a venta para a Lotería do Neno, moi competitiva con respecto á de Nadal.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Nadal, Loterías Prada repartiu 300.000 euros en pedreas e pequenos premios, unha cifra similar a anos pasados. Cruzan os dedos para mañá poder descorchar o champán.

Queren agradecer a confianza da veciñanza e tamén do turismo de verán, que este ano incrementou notablemente as ventas de lotería.