Candidatura de “Xuntos polo Irixo”

“Xuntos polo Irixo” somos un grupo formado por veciñas e veciños de entre 33 e 67 anos, cun obxectivo común: darlle VIDA ao noso concello, O Irixo.

¡Afrontamos este reto con moitas ganas e ilusión!

AVANTAR ACTIVIDADES

Queremos impulsar un modelo de xestión participativo, colaborativo e transparente.

A nosa prioridade é o benestar da xente, a nosa xente. Atender as súas necesidades reais sen descoidar a ninguén, porque O IRIXO SOMOS TODOS.

O que nos levou a tomar esta iniciativa é o abandono que presenta o noso concello.

Pobos sen un acceso ben acondicionado, problemas no suministro das augas, camiños sen limpar, casas e muros caendo,…

A nosa xuventude que non queda a vivir no Irixo por falta de oportunidades e facilidades.

Xente que ven para O Irixo en busca de paz e tranquilidade, non reciben unha boa acollida nin a axuda necesaria.

Os nosos maiores, eses que deixaron o lombo por nós, sen unha atención de calidade.

Negocios locais sen recibir o impulso que precisan para subsistir,…

Estas situacións, e moitas outras, entristécennos e fannos reaccionar. E aquí estamos, unidos e ao carón da xente, para que O Irixo non morra.