Programa de goberno do PSdeG-PSOE do Carballiño: Novas áreas para o lecer infantil

O novo Parque Infantil de Toscaña, cuxo maior atractivo é un tobogán xigante dun pulpo, así como unha pista polideportiva e diversos xogos, ven a sumarse nestes días ao resto dos parques infantís do casco urbano para o disfrute dos nenos e nenas e das familias. A creación desta área de ocio infantil supón ademais a posta en valor dunha zona de gran interese natural, etnográfico e termal, como é a fervenza do Balneario, o lavadoiro, recentemente rehabilitado, o criadeiro de troitas da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, o Sendeiro do Arenteiro e o propio Balneario.

O proxecto foi posible gracias á financiación da Confederación Hidrográfica do Miño, que tamén financiou a rehabilitación do lavadoiro e do sendeiro do Arenteiro neste tramo, cunha aportación económica moi importante.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tras a remodelación do Parque Infantil da Alameda, que tamén se realizou nesta lexislatura pasada, é o proxecto máis notable de área de equipamento de xogos que se leva a cabo no Carballiño co obxectivo de crear espazos atractivos para o disfrute infantil e familiar.