Este sábado, o auditorio acollerá unha obra de teatro para bebés

Sábado, 24 de febreiro ás 12 h no Auditorio

Teatro para bebés

AVANTAR ACTIVIDADES

Obra: CHEGADOS A  ESTE PUNTO. BEBES

Compañía: Titiribaile

Público: de 0 a 3 anos

Entrada: 3,50 €

PRAZAS LIMITADAS: 15 bebés + acompañante

Así é como un día nace Ó Titiribaile. Era o verán de 2008 cando arrincaba este conto, un conto polo momentosen final.

Erica González Miguel, con moitas ganas por meterse de cheo no mundo do teatro, a fantasía e os contos decidemontar esta compañía. Nese momento pon a toda a súa familia a axudala. Así é como ao pouco empeza acrearse esta empresa e é entón cando Erica dáse conta que os soños, poden facerse realidade.

A idea do nome xorde dun xogo que o seu avó materno facíalles de pequenos: collían a mapoula antes deflorecer e dicían: monxa, frade ó titiribaile! e os nenos debían de acertar a cor que ía saír sendo estesvermello, branco ou rosa.

Esta pequena compañía na actualidade conta con varios guións e con material técnico suficiente paraespectáculos de pequeno formato.

Unha compañía que traballa “á carta” ofrecendo desde marionetas, contacontos, performance, talleres, teatroeducativo, teatro de sala e todo aquilo que se lle expoña.

Cando tes ganas de que algo funcione basta con poñerlle un pouco de esforzo e imaxinación e vir á cabeza milesde ideas, o resto vén dado por ese apoio co que sempre contei ao redor meu de familia, amigos e marionetas”