O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese coa alcaldesa de Castro Caldelas

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dentro súa rolda de encontros institucionais trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial, desprazouse esta mañá a Castro Caldelas para manter unha reunión coa súa alcaldesa, Sara Inés Vega.

O representante do Goberno analizou coa rexedora as principais demandas do municipio en relación á administración autonómica, en concreto abordaron a reforma do centro de saúde, na que xa están a traballar os técnicos coa intención de que o próximo ano se poida executar. Asemade trataron asuntos de índole económico como a creación de solo industrial, e temas relacionados con infraestruturas rurais.

AVANTAR ACTIVIDADES