A Consellería de Educación anunciaba a pasada semana o atraso dunha semana no inicio do curso escolar para a secundaria, o bacharelato e a Formación Profesional. Así, a volta ás aulas para estos colectivos estaba prevista para mañá, día 16, e queda posposta para o día 23. O Conselleiro Román Rodríguez aseguraba que a decisión seguía “criterios técnicos, co fin de facilitar ,a adaptación dos centros ás novas medidas de seguridade”.
Na provincia de Ourense, seis dos institutos que acollen estas tres ramas de formación mostraron o seu descontento ca situación actual á institución galega, entregando un escrito sinalado. Neste documento aseguran que é “inviable” unha volta ás aulas segura, aportando como motivos os sucesivos cambios de protocolo e sen coñecer aínda se a Xunta lles concederá o profesorado adicional solicitado para a situación actual. Entre os centros que asinan este escrito atópanse os dous institutos do Carballiño (o IES número 1 e o IES Chamoso Lamas).
Este escrito data do 11 de setembro, antes de que se tomara a decisión de atrasar o inicio do curso escolar para estos colectivos, unha decisión motivada pola presión exercida polos centros de toda Galicia. A día de hoxe, os centros seguen sen novas noticias de cómo executar parte do protocolo e de si recibirán os docentes solicitados.
No caso do IES Manuel Chamoso Lamas, a separación do alumnado obrigou a ter que desdrobar un curso, polo que a petición do seu director, José Manuel Vázquez, reside en contar con dous novos docentes para dar saída as clases que se teñen que aumentar con este desdrobamento. Ademáis, solicitou ampliar o servizo de limpeza, xa que o centro ten un horario lectivo dende as 08:45 horas ata as 22:30 horas, polo que ven necesario un reforzo neste ámbito.