Ourense estabiliza a evolución da covid cun descenso de casos activos e ocupación hospitalaria

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 209 positivos novos de SARS-CoV-2, duplicando os novos contaxios de onte, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.052, o que amosa un leve ascenso. A presión asistencial mantense. Hoxe hai 40 (-3) persoas na UCI, e 151 (+4) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. Hoxe hai 12 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto ó venres en 15 casos, ata os 231 casos totais. Os hospitais presentan hoxe unha leve baixada na presión ocupacional. Contamos con 11 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES