O concello e os clubes deportivos piden á Deputación o arranxo do pavillón do Consello

A xuntanza do Consello Municipal de Deportes aprobou co apoio de todas as entidades deportivas solicitarlle á Deputación Provincial a súa participación na obra de mellora do Pavillón do Consello.

Esta é unha infraestrutura deportiva fundamental en Ribadavia, que alberga infinidade de actividades deportivas de todo tipo, tanto de competición e federadas como o servizo de ximnasio e sauna. Unha importante actividade de categorías base e deporte feminino. É a sede do Balonmán Ribeiro, o clube de maiores éxitos que un ano máis xogará en 1ª Nacional. O Concello quere buscar a implicación de outras Administracións para poder realizar este investimento tan importante e poder mellorar a cancha do noso Pavillón. Neste sentido, o Concello ten solicitada unha reunión coa Dirección Xeral para o Deporte para abordar esta e outras melloras.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así, a obra máis urxente debido a que está en risco todo o sistema de caldeiras e auga quente do Pavillón é o arranxo dos problemas existentes na caldeira e no sistema de auga quente e calefacción do Pavillón, que se atopa con graves problemas. Estes levan varios anos sen arranxar e agora urxe intervir na súa mellora, do contrario podería colapsar toda a rede.

Esta ben pero os problemas nais basoxos son as tubaxes é que hai zonas que xa ten pingeiras e poden rebentar. Esta rede púxose en funcionamento en maio do 1987, desde entón fixéronse melloras nos anos 2014 e 2017, pero a rede é a mesma de fai 34 anos.